A Asociación Patrimonio Laurentino pide a cesión do mosteiro de San Salvador

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A nova Asociación Patrimonio Laurentino, creada por veciños de Lourenzá, quere recuperar o patrimonio do seu territorio e na súa primeira idea propoñen ao Obispado de Mondoñedo-Ferrol a cesión do mosteiro de San Salvador.
51775224_2294644010816854_1859852677484118016_o
4 sep 2020

A nova Asociación Patrimonio Laurentino, creada por veciños de Lourenzá, quere recuperar o patrimonio do seu territorio e na súa primeira idea propoñen ao Obispado de Mondoñedo-Ferrol a cesión do mosteiro de San Salvador.

Para poder levar a cabo esta idea é necesario que o Obispado de o visto bo e comece un período de tramitación da cesión para poder crear nel unha residencia de maiores e nun futuro poder destinalo a fins sociais ou convertirse nun espazo rentable.

Segundo a asociación, "as sensacións son moi positivas, xa que agora mismo o mosteiro está sen uso e en ruinas".

O colectivo fixo a súa presentación oficial o domingo 30 con ocasión da celebración do Conde Santo.

0.15873980522156