A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino organiza un curso de cociña

TerraChaXa
As sesións terán lugar todos os luns dos meses de novembro e decembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas
curso-cocina-pino
23 Oct 2025

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, coa colaboración da Deputación de Lugo, organiza un curso de cociña dirixido a todas aquelas persoas ás que lles guste cociñar e queiran aprender novas receitas elaboradas con produtos locais e de tempada.

As sesións terán lugar todos os luns dos meses de novembro e decembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas, na Escola de Pino. O curso comezará o 3 de novembro e a inscrición deberá formalizarse antes do 24 de outubro.

Trátase dunha proposta formativa e práctica que busca poñer en valor os produtos da comarca, fomentar a alimentación saudable e sostible e promover un espazo de encontro e aprendizaxe comunitaria arredor da gastronomía tradicional galega.

⚙ Configurar cookies
0.070698976516724