A Asociación San Martiño de Pino organiza unha viaxe a Braga

TerraChaXa
A Asociación Recreatvio Cultural de San Martiño de Pino organiza o próximo domingo 7 de maio unha viaxe a cidade portuguesa de Braga.
asociacion cultural pino cospeito
28 Abr 2023

A Asociación Recreatvio Cultural de San Martiño de Pino coa colaboración da Asociación Cruceiro de San Pedro de Seixas organizan para o próximo domingo 7 de maio unha viaxe a cidade portuguesa de Braga. 

A saída terá lugar ás 7.00 dende os puntos habituais e está programada unha parada para almorzar antes da chegada a Braga. 

Unha vez na cidade portuguesa haberá unha visita cun guía privado polo casco vello para seguir a continuación co xantar. 

A viaxe continuará cunha visita ao santuario Bom Jesús e a basílica Nosa Señora de Sameiro e unha vez rematadas terá lugar o viaxe de volta. 

É necesario anotarse antes do día 30 de abril e a reserva de praza realizarase previo pago. 

Viaxe A braga
0.1191611289978