A asociación San Martiño de Pino celebra o domingo a súa asemblea anual

TerraChaXa
O punto principal da sesión será presentación do programa de actividades para o ano 2026
asemblea-xeral-pino
24 Jan 2026

A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará o domingo 25 de xaneiro, a súa asemblea xeral, a partir das 12.30 horas na Escola de Pino.

Durante esta sesión trataranse varios temas. Así, darase conta das actividades realizadas no ano 2025. Así mesmo, a directiva dará conta tamén do estado de contas e entregaranse os carnés aos socios.

Pero o punto principal da sesión será presentación do programa de actividades para o ano 2026.

Finalizarase unha quenda de rogos e preguntas.

⚙ Configurar cookies
0.080121994018555