A asociación San Martiño de Pino celebra o domingo a súa asemblea anual
TerraChaXa
O punto principal da sesión será presentación do programa de actividades para o ano 2025
23 Jan 2025
A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará o domingo 26 de xaneiro, a súa asemblea xeral, a partir das 12.30 horas na Escola de Pino.
Durante esta sesión trataranse varios temas. Así, darase conta das actividades realizadas no ano 2023. Así mesmo, a directiva dará conta tamén do estado de contas e entregaranse os carnés aos socios.
Pero o punto principal da sesión será presentación do programa de actividades para o ano 2025.
Finalizarase unha quenda de rogos e preguntas.