A Asociación San Martiño de Pino celebrará o sábado 21 o Lume Novo

TerraChaXa
Para poder asistir é necesario anotarse previo pago ante calquera membro da directiva antes do 13 de xuño
lume-novo-cospeito
11 Jun 2025

A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará o sábado 21 de xuño a tradicional festa de Lume Novo na Veiga de Porto.

Esta xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa campestre seguida da actuación de Verónica Cambón. Xa pola tarde ás 16.30 horas será a actuación do grupo de Pandereteiras de Caldaloba e os xogos tradicionais. Farase o acendido da cacharela antes da cea e porá a nota musical de novo, Verónica Cambón.

Haberá un xantar a cargo do bar Rochela a base de xamón cocido, polbo, churrasco, bebidas, sobremesa, café e licores, así como na hora da cea poderase desfrutar tamén de paella, queixo e café.

Para poder asistir é necesario anotarse previo pago ante calquera membro da directiva antes do 13 de xuño. O prezo para os socios se se asiste ás dúas comidas é de 45 euros e para os que non o sexan 55 e os pequenos de 7 a 11 anos pagarán a metade. Hai opción de participar só nunha.

⚙ Configurar cookies
0.16870784759521