A asociación San Martiño de Pino escolle nova directiva o 28 en asemblea
TerraChaXa
A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará este domingo, 5 de febreiro, a súa asemblea xeral, a partir das 12.00 horas na Escola.
10 Xan 2024
A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará o domingo 28 de xaneiro, a súa asemblea xeral, a partir das 12.00 horas na Escola de Pino.
Durante esta sesión trataranse varios temas. Así, darase conta das actividades realizadas no ano 2023. Así mesmo, a directiva dará conta tamén do estado de contas e entregaranse os carnés aos socios.
Pero o punto principal da sesión será a elección da nova directa. Primeiro presentaranse as distintas candidaturas para levar a directiva durante os próximos catro anos, e a continuación será a votación.
Finalizarase unha quenda de rogos e preguntas.