A Asociación San Martiño de Pino visitará a Festa do Marisco do Grove

TerraChaXa
Todos os que queiran asistir á viaxe deben anotarse antes do día 29 de setembro
viaxe-festa-do-marisco-grove-cospeito
23 sep 2024

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en Cospeito, e coa colaboración da Asociación Cruceiro San Pedro de Seixas, organiza unha viaxe á Fesa do Marisco do Grove o domingo 6 de outubro con saída ás 7.30 horas da mañá.

Despois dunha parada para almorzar, o colectivo chegará á illa da Otxe e visitará a Feira do Marisco. Despois de xantar, fase unha viaxe en Catamarán desde Combarro.

O xantar constará de polbo, calamares, xamón ibérico, churrasco de porco, tarta xeada, café e licores.

Todos os que queiran asistir á viaxe deben anotarse antes do día 29 de setembro e pagar o prezo que é de 65 euros os socios e 75 para os que no son socios. No prezo está incluído o bus, seguro de viaxe, guía privado, catamarán e xantar.

0.19977784156799