A Asociación Seminario de Estudos do Valadouro muda a xunta directiva

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Jan 2020

O pasado sábado 25 de xaneiro celebrouse unha asemblea xeral extraordinaria da Asociación Seminario de Estudos do Valadouro, Alfoz e O Valadouro, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, na que se elixiu a nova xunta directiva.

Así a nova directiva do colectivo estará formada por Xabier Pardiñas Suárez, presidente; Xoán Ramón Pérez Blanco, secretario; Marco Candia Durán, tesoureiro; e Lionel Rexes Martínez e Xesús Emilio Pisón Villapol como vogais.

A nova xunta directiva márcase como obxectivo principal continuar labor de “investigación, recuperación e promoción dos valores do noso val, non só desde o punto de vista histórico , senón tamén cultural, económico ou científico” indica Pardiñas. A finalidade deste traballos será principalmente “a súa difusión, ben a través da súa publicación ou doutro tipo de actividades”, engade.

Neste sentido, o primeiro evento que se celebrará, nesta nova etapa, será a presentación da publicación número 10 dos Cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro, obra de Pedro Rolle Chaves, titulada Flores de primavera do Valadouro. Segundo indican desde a nova directiva, “debido á temática desta publicación, preténdese realizar este acto coincidindo coa celebración do Mercado Tradicional de Primavera de Ferreira do Valadouro, na fin de semana do 28 de marzo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15579509735107