A Asociación Sete Pontes apoia aos transportistas encerrados en sinal de protesta en Vilalba
TerraChaXa
O presidente da Asociación de Empresarios Sete-Pontes de Vilalba, Álvaro Fraga Castro, reuniuse cos camioneiros encargados do transporte do carbón que están asentados no Concello de Vilalba dende o luns en sinal de protesta para reclamar á clase política a toma de decisións e a reactivación da Central Térmica de Endesa.
13 sep 2019

Nesta reunión trasladouselles o total apoio dende a Asociación de Empresarios Sete-Pontes, xa que é unha problemática que non só afecta ós transportistas que levan meses parados, senón que repercutirá en todos os sectores da comarca.