A Asociación Trailará organiza a III Foliada en Meira o día 9

TerraChaXa
A Asociación Trailará organiza a III Foliada en Meira para o día 9 de febreiro na praza do Convento, onde actuarán Nove Ferreñas, Leña Verde, Lagharteiras e Comando Curuxás, ás 21:00.
Captura de pantalla 2019 01 24 a las 12.33.36
28 Xan 2019

A Asociación Trailará organiza a III Foliada en Meira para o día 9 de febreiro na praza do Convento, onde actuarán Nove Ferreñas, Leña Verde, Lagharteiras e Comando Curuxás, ás 21:00.

Previamente, contará con obradoiros de pandeira que será impartido por Carolina Vázquez ás 18:00 horas, e un obradoiro de baile a cargo de Ruth Pérez ás 19:30 horas.

Haberá tamén premio de vestiario de época anos 40 e 50 e unha exposición fotográfica.

Contarán coa presenza de Caurelor, uns emprendedores galegos e de raíz que buscan encantar cos seus pratos de castaña.

É unha foliada aberta, aínda que para os obradoiros é necesaria a inscrición previa chamando ao 646 83 09 28

50120761_2238359359713257_2000123706621296640_n
0.21950387954712