A asociación veciñal da Reigosa organiza unha viaxe aos Maios de Pontevedra e Bueu

TerraChaXa
A asociación veciñal da Reigosa organiza unha viaxe aos Maios de Pontevedra e a Bueu, que terá lugar o día 1 de maio.
os maios pontevedra e bueu viaxe portada
22 Abr 2023

A asociación veciñal da Reigosa organiza unha viaxe aos Maios de Pontevedra e a Bueu, que terá lugar o día 1 de maio.

A viaxe arrincará ás 9.15 horas con saída da casa sociocultural da localidade para acudir en primeiro lugar aos Maios e despois pasar o resto da xornada en Bueu.

As persoas interesadas en anotarse deberán facelo antes do 23 de abril. A viaxe ten un prezo de 30 euros para socias, con incremento de 10 euros para as non socias. Os nenos pagarán 10 euros se teñen entre 0 e 3 anos e 20 de 4 a 12 anos.

A viaxe inclúe a viaxe en autobús, as visitas o xantar e guía turística.

os maios pontevedra e bueu viaxe
0.095395088195801