A asociación veciñal de Cabreiros inicia a final de mes un programa de catro rutas

TerraChaXa
En todas haberá a posibilidade de xantar nun restaurante cun menú do día
rutas-cabreiros-xermade
14 Mar 2025

A Asociación de Veciños de Cabreiros presentou o seu calendario de rutas de sendeirismo para a primavera de 2025, cunha variada programación que permitirá descubrir a riqueza natural da zona.

A primeira ruta será o sábado 29 de marzo, percorrendo o río Requeixo nun traxecto lineal de 10 quilómetros desde Parga ata Os Vilares. O domingo 13 de abril terá lugar a ruta circular da Fervenza de Toques, de 12 quilómetros. O domingo 27 de abril será a quenda da ruta do Forgoselo, cun percorrido circular de 15 quilómetros pola coñecida Escola Galega. Finalmente, o domingo 11 de maio, os participantes poderán gozar da ruta dos Muíños de Vilasantar, tamén de 12 quilómetros.

En todas as rutas haberá a posibilidade de xantar nun restaurante cun menú do día. A organización ofrecerá servizo de autobús en todas as rutas agás na do Forgoselo, e o prezo dependerá do número de persoas anotadas. As prazas para o autobús e o restaurante terán prioridade para socios e socias.

Dende a Asociación de Veciños de Cabreiros animan a todas as persoas interesadas a reservar as datas e unirse a estas actividades, que combinan deporte, natureza e boa compañía.

⚙ Configurar cookies
0.26033496856689