A asociación veciñal de Mor, en Alfoz, programa unha viaxe á Costa da Morte

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Out 2019

A asociación veciñal alfocense de Mor programou unha viaxe á Costa da Morte o 9 de novembro para a que é necesario confirmar a asistencia antes do día 1.

Os excursionistas van saír ás 8 horas da mañá de diante da Casa do Concello de Alfoz. Farán unha en Muros, visitarán o hórreo de Carnota e comerán en Cee no Hotel Insua. O menú estará composto de pinchos variados (tortilla, croquetas, empanada), carne asada estilo Costa da Morte, bebida, postre, café ou infusión. 

Logo verán a cascada do Ézaro e sobre as 18 horas regresarán para Alfoz.

O prezo da viaxe é de 30 euros para os socios do colectivo, de 15 euros para nenos de ata 12 anos e de 35 euros para os non asociados.

0.1843090057373