A asociación veciñal de Roupar organiza unha excursión á Ribeira Sacra e Monforte

TerraChaXa
Será o día 26 de outubro e contará con visita a unha adega e paseo en catamarán
excursion-ribeira-sacra-e-monforte
6 Out 2024

A asociación de veciños de Roupar realizará o día 26 de outubro unha excursión á Ribeira Sacar e Monforte para visitar toda a zona.

A excursión ten un prezo de 40 euros para socios e de 50 para o resto, e inclúe autobús de ida e volta, visita a unha adega, paseo en catamarán, xantar, guía e seguro.

A inscrición debe facerse no teléfono 608 835 165 ou no 678 063 311.

A saída será ás 8.00 horas da Escola de Casanova.

0.18554902076721