A asociación vilalbesa Sete Pontes solicitará ser Centro Comercial Aberto
A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba celebrou a súa Asemblea Extraordinaria na que aproveitou para presentar o seu Plan Estratéxico para os próximos anos. Este plan inclúe, entre outras cousas, a inclusión dos comercios da Asociación como Centro Comercial Aberto, así como a solicitude de mellores clave para o noso polígono industrial: ampliación do solo empresarial, melloras no mantemento, incorporación de seguridade e a instalación dun sistema contra incendios.
Notificaron tamén a petición ao Concello para que se adhira á certificación Doing Business da Xunta. Este aspecto, aprobado en pleno no ano 2017, adquire unha relevancia especial dada a situación económica actual do Concello. Con esta certificación, o Concello pode optar a subvencións específicas para polígonos industriais, facilitando así a realización das obras necesarias para as necesidades presentadas.
A directiva anunciou que a alcaldesa comprometeuse a levar as modificacións precisas ao pleno de maio, e unha vez aprobadas, solicitará á Xunta a incorporación de Vilalba como Concello Doing Business. Pola súa parte, Vilalba Aberta comprometeuse a dotar nos próximos anos a Asociación dunha subvención nominativa para a área de comercio similar a que teñen outros concellos veciños como Ribadeo, Monforte, Burela... O BNG comprometeuse a facilitar colaboracións coa Diputación e o Partido Popular a apoiar todas as melloras que favorezan o tecido empresarial vilalbés e garanta o apoio da Xunta para todas estas iniciativas.
"Dende a nova directiva da Asociación vemos con moi bos ollos este tipo de reunións de traballo, que facilitan a coordinación e espera que se sigan repetindo", indican.