A asociación Xermolos recibe o premio 'As nosas músicas'
A Asociación Xermolos de Guitiriz recibe a sexta edición do premio 'As nosas músicas'.
Os motivos que achegan para esta distinción son "por todos os anos de dedicación á promoción, difusión e defensa da música e da cultura galega a través do Festival de Pardiñas que neste ano 2023 celebrou a súa 44 edición."
A entrega do premio, que vai a consistir nunha placa conmemorativa realizada en pedra representando a imaxe de As Nosas Músicas, vai ter lugar no marco da 26 Edición do festival As Nosas Músicas, da man de Xaneco Tubío, presidente da AGG (Asociación do baile e a música de tradición galega), na noite do 14 de Agosto.
A Asociación Xermolos quere "transmitir o seu agradecemento á asociación A Xesteira por esta distinción e formar parte así da listaxe de premiados e premiadas en pasadas edicións".
Xermolos neste anos recibiu varios premios, por exemplo, Premio da Crítica en Vigo, Premio da Cultura Tradicional de María Castaña en Lugo, Premio Facer País en Láncara, Premio do Museo San Antón da Coruña ou Premio Martín Códax en Pontevedra