A auga da fonte de Forxán en Foz non é potable
TerraChaXa | AMariñaXa
24 Xan 2021
Segundo as últimsa analíticas realizadas pola Delegación de Medio Ambiente do Concello de Foz, a auga da fonte de Forxán non é apta actualmente para o seu consumo.
Estas análisis lévanse a cabo cada seis meses para controlar que a auga poda ser consumida sen perigo xa que son moi utilizadas polos veciños para coller auga.
De todos os xeitos, as análises poden ser malas en momentos puntuais e volver recuperar a súa potabilidade.