A auga da rede municipal de Castro de Rei volve ser apta para o consumo humano

LugoXa | TerraChaXa
En consecuencia, quedan sen efecto as recomendacións preventivas que foran adoptadas o pasado 31 de xullo de 2025
auga-da-traida-psoe-abadin
19 Dec 2025

O Concello de Castro de Rei informou de que, segundo as últimas analíticas realizadas na auga de consumo da rede de abastecemento da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Quintela, a auga é apta para o consumo humano e pode utilizarse con total normalidade.

As análises confirman a calidade da auga subministrada ás parroquias abastecidas por esta estación, entre as que se atopan Pacios, Outeiro, Bazar, Coea, Quintela, Bendia, Matodoso, Triabá, San Xiao de Mos, Ribeiras de Lea, Castro de Ribeiras de Lea, Duarría, Loentia e Mondriz.

En consecuencia, quedan sen efecto as recomendacións preventivas que foran adoptadas o pasado 31 de xullo de 2025. Dende este momento, a veciñanza destas parroquias pode empregar a auga da traída municipal para todos os usos habituais, incluído o consumo humano, con absoluta normalidade.

⚙ Configurar cookies
0.074410915374756