A Aula Cemit das Pontes abre as súas portas para achegar as novas tecnoloxías á veciñanza

O Concello das Pontes anuncia que a Aula Cemit, situada no Soto da Casa Dopeso, permanecerá aberta a toda a poboación ata o 31 de abril, incluído, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Durante estes días, todas as veciñas e veciños que o desexen poderán facer uso libre dos equipos dispoñibles na aula, así como resolver dúbidas relacionadas coas novas tecnoloxías: manexo do ordenador, do teléfono móbil, uso do certificado dixital e outras cuestións de interese tecnolóxico.
Ademais, darase a coñecer o plan formativo previsto para os próximos meses, ofrecendo novas oportunidades de mellora nas competencias dixitais.