A aula CEMIT das Pontes acolle un curso de redes sociais para influencers desde o luns

TerraChaXa
Ofrecerá recursos para xestionar redes sociais de maneira profesional, elaborar contidos atractivos e aproveitar ao máximo as posibilidades das plataformas dixitais
curso-redes-sociais-influencers-as-pontes
21 Nov 2025

A Aula CEMIT das Pontes acollerá do 24 ao 28 de novembro unha nova acción formativa titulada Redes Sociais para Influencers, dirixida a persoas interesadas en mellorar a súa presenza en liña ou en iniciar un proxecto de creación de contido. As sesións desenvolveranse en horario de 9:30 a 14:00 horas nas instalacións situadas na rúa Rosalía de Castro, 28, no soto da Casa Dopeso.

O curso ofrecerá recursos para xestionar redes sociais de maneira profesional, elaborar contidos atractivos e aproveitar ao máximo as posibilidades das plataformas dixitais. Trátase dunha oportunidade pensada tanto para quen queira impulsar a súa imaxe en internet como para quen desexe potenciar un proxecto persoal ou profesional.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a inscrición a través do teléfono 640 813 790 ou do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.gal
.

⚙ Configurar cookies
0.07544994354248