A Aula CEMIT das Pontes acolle unha xornada formativa sobre as novidades de Canva

A Aula CEMIT das Pontes acollerá os días 3 e 4 de febreiro unha nova actividade formativa centrada na actualización e nas últimas novidades de Canva, unha das ferramentas dixitais máis empregadas no ámbito creativo e comunicativo. A formación desenvolverase en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, e está dirixida a persoas interesadas en mellorar as súas competencias dixitais.
Durante as dúas sesións, as persoas participantes poderán repasar conceptos básicos, actualizar coñecementos e coñecer as funcionalidades máis recentes desta plataforma, co obxectivo de optimizar o seu uso tanto a nivel persoal como profesional.
A xornada terá lugar na Aula CEMIT, situada na rúa Rosalía de Castro número 28, no soto da Casa Dopeso. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información e formalizar a inscrición a través do teléfono 640 813 790 ou do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.gal. Tamén está dispoñible a información completa na páxina web cemit.xunta.gal.
Esta acción formativa é de carácter gratuíto e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, no marco do seu programa de impulso á formación dixital e á redución da fenda tecnolóxica.