A Aula CeMIT das Pontes convoca este mes un campamento dixital

O Concello das Pontes, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza unha nova edición da Dixitic’s Acampada, unha proposta formativa e lúdica destinada a mozas e nenos e nenas, que se desenvolverá entre os días 11 e 29 de agosto no horario de 9:30 a 13:30 horas.
A actividade terá lugar na Aula CeMIT das Pontes, situada na rúa Rosalía de Castro, 28 (Soto Casa Dopeso), e está pensada para achegar ás crianzas e á mocidade ao mundo dixital dun xeito creativo, seguro e participativo. O programa inclúe actividades relacionadas co uso responsable das novas tecnoloxías, realidade virtual, programación, xogos interactivos e contidos adaptados ás diferentes idades.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar a través do teléfono 640 813 790 ou do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.gal. Tamén se pode consultar a información completa no portal formativo da rede CeMIT.
Esta iniciativa busca fomentar o coñecemento tecnolóxico entre a mocidade nun ambiente ameno, promovendo competencias dixitais esenciais para o futuro, ao tempo que se ofrecen alternativas de lecer educativo durante o verán.