A Aula Cemit das Pontes inicia dous cursos

TerraChaXa
A Aula CeMIT das Pontes inicia esta semana un novo curso sobre programas web.
cursos aula cemit as pontes
31 Ago 2023

A Aula CeMIT das Pontes inicia esta semana un novo curso sobre programas web.

Así, este venres, 1 de setembro comezará un de Creación de aplicacións web de nivel iniciación, que se desenvolverá todos os venres de 16.00 a 20.30 horas e os sábados de 9.00 a 13.30 horas.

Ademais o luns iniciará outro básico sobre o uso do móbil que se desenvolverá os luns e xoves, de 19.00 a 20.30 horas.

Minicurso básico para achegarse a algunhas das ferramentas básicas que ofrecen os teléfonos móbiles. Uso do WhatsApp, xestión da galería de fotografías e vídeos, creación de cartafois e clasificación de arquivos, uso das playstore son algúns dos temas que se tratarán.

Para todos eles a inscrición ten que facerse previamente no teléfono 670 892 227 ou no correo cemit.aspontes@xunta.gal.

Os dous terán lugar na Casa Dopeso.

curso aula cemit as pontes2
curso aula cemit as pontes1
0.096613168716431