A Aula CEMIT das Pontes organiza un curso práctico de deseño de prompts e fotografía con IA

TerraChaXa
A proposta destaca polo seu carácter práctico e dinámico, con aplicación real dos coñecementos adquiridos
curso-aula-cemit-as-pontes
19 Feb 2026

A Aula CEMIT das Pontes acollerá do 2 ao 6 de marzo un novo curso formativo centrado na creatividade dixital e na Intelixencia Artificial, baixo o título Curso Práctico de Deseño de Prompts e Fotografía con IA. A iniciativa combina tecnoloxía e expresión artística cun enfoque eminentemente práctico.

A formación, de carácter presencial, está orientada a persoas interesadas na fotografía, na creación de contidos, no deseño ou nas novas tecnoloxías. Ao longo das sesións, o alumnado aprenderá a crear imaxes impactantes mediante ferramentas de IA, mellorar as súas propias fotografías e dominar a redacción de prompts efectivos, elemento clave para obter resultados precisos e de calidade a través de sistemas de xeración de imaxe.

O curso desenvolverase en horario de 16:00 a 21:00 horas nas instalacións da Aula CEMIT, situadas na Rúa Rosalía de Castro, 28, no edificio Soto Casa Dopeso. A proposta destaca polo seu carácter práctico e dinámico, con aplicación real dos coñecementos adquiridos.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través do teléfono 640 813 790 ou do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.gal
.

⚙ Configurar cookies
0.086441993713379