A aula CeMIT de Guitiriz celebrará unha nova edición de Verán Dixital
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do concello de Guitiriz celebrará este ano unha nova edición de Verán Dixital.
Co obxectivo de introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, de forma divertida e práctica, irán adquirindo habilidade e experiencia no uso do ordenador e familiarizaranse cos programas que máis se adecúan á súa idade e intereses.
Esta actividade da Aula CeMIT Guitiriz desenvolverase entre os meses de xullo e agosto, os martes e xoves de 10:30h a 12:00h, e está destinada aos cativos e cativas de entre 9 a 12 anos de idade.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de xuño. A actividade conta con prazas limitadas. A inscrición realizarase escaneando o código QR, que se atopa impreso no cartel promocional ou ben accedendo ao seguinte formulario web: https://forms.gle/SnJpvW6npkdbg6Uu7
Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.