A Aula CeMIT de Guitiriz contará cunha charla sobre ciberseguridade

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acollerá unha charla formativa en ciberseguridade o próximo martes 3 de xuño. Baixo o nome Ciberseguridade, os teus primeiros pasos, os e as asistentes aprenderán nocións básicas sobre esta área da informática enfocada na protección, prevención e resposta fronte ás ameazas que afectan aos sistemas e dispositivos dixitais.
A formación está programada de 10:30 a 12:00 horas e será completamente de balde, aínda que é preciso realizar unha inscrición previa ben de xeito presencial, na propia Aula CeMIT, ou de forma telemática a través do teléfono 982 37 00 62.
Para máis información, pódese contactar a través dos correos electrónicos cemit.guitiriz@xunta.gal, biblioteca@concellodeguitiriz.com e no número de teléfono anteriormente citado.