A Aula Cemit de Guitiriz organiza dous obradoiros de informática
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz convoca dous obradoiros de informática para o mes de maio.
A veciñanza do Concello poderá optar a diversa formación no ámbito tecnolóxico, todos eles de balde.
O primeiro obradoiro leva por título Trámites en liña co teu concello. Conta cunha duración de 12 horas e está dirixido a todas as persoas que necesiten aprender a relacionarse coa administración local de maneira telemática: xestión de cita previa, presentación de documentación, inscrición en actividades deportivas e cursos, comunicación previa de obras, solicitude inscrición no PAI...
Na formación explicarán que é a Administración electrónica; como comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo; como coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas, e a realizar algúns trámites con distintas Administracións (local, autonómica...).
Levárase a cabo os días 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de maio, en horario de 16:30 a 18:30h.
O segundo taller leva por título Ofimática: Procesador de textos. Neste curso formarase nas funcións elementais de LibreOffice Writer para a creación de documentos de texto. Conta cunha duración de 20 horas e levárase a cabo os días 6, 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, e 27 de maio en horario de 10:00 a 12:00h .
A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobres a citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz sita na Rúa do Concello, s/n, 27300, chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal