A Aula CeMIT de Guitiriz participa na actividade Camiña en Dixital no día de Internet
A Aula CeMIT de Guitiriz celebra o vindeiro día de internet, 17 de maio, participando na actividade Camiña en Dixital que está dedicada ás tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable.
Por este motivo, proponse esta actividade lúdico-formativa na que os centros de competencias dixitais de toda España e as persoas maiores poidan realizar conxuntamente formación no uso de tecnoloxía e compitan por ser o centro máis saudable, o que suba a imaxe que máis guste, ou o primeiro en saír dun Escape Room virtual.
As persoas participantes aprenderán a manexar, entre outras ferramentas, aplicacións que miden pasos e distancias para sumar quilómetros, así como tentar completar o Camiño de Santiago.
Estes quilómetros percorridos desde os seus lugares de orixe e roteiros sumaranse aos que fagan as outras persoas que se apunten ao reto no seu Centro de competencias dixitais e trasladaranse a un camiño virtual, que poderán seguir vía web.
A actividade Camiña en Dixital contará coas seguintes categorías de premios:
- Sorteo entre todos os participantes do Reto
- Vídeo con máis Me gusta
- Fotografía con máis Me gusta
- Persoa que percorra máis quilómetros
- Centro que conxuntamente percorra máis quilómetros
- Centro que faga de media máis km./persoa
As persoas interesadas poderán anotarse e obter toda a información na aula CeMIT de Guitiriz, no teléfono 982 370. 062 ou ben no correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal
Acceso ao programa completo:
https://somos-digital.org/wp-content/uploads/2022/04/Programa-completo_Dia_de_Internet_2022.pdf