A Aula CeMIT de Guitiriz realizará o xoves un relatorio sobre ciberseguridade

TerraChaXa
Será impartida de 10:30 a 12:00 horas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
curso-ciberseguridade-guitiriz
27 Oct 2024

A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá unha charla formativa sobre ciberseguridade o próximo xoves, 31 de outubro. Será impartida de 10:30 a 12:00 horas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que está a iniciar un novo ciclo formativo para sensibilizar á cidadanía nesta materia.

Neste novo ciclo, búscase formar á poboación sobre ámbitos como a protección de credenciais, a navegación segura, a seguridade nos dispositivos, a pegada dixital en internet ou o fenómeno da desinformación e as fake news, entre outros aspectos.

As inscricións, que son gratuítas, pódense formalizar na propia Aula CeMIT de Guitiriz. Para obter máis información e consultar dúbidas pódese escribir ao enderezo electrónico da Aula CeMIT (cemit.guitiriz@xunta.gal).

0.16026997566223