A Aula Cemit do Concello de Guitiriz celebrará unha nova edición de Verán Dixital
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz celebrará unha nova edición de “Verán Dixital”.
Co obxectivo de introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, de forma divertida e práctica, irán adquirindo habilidade e experiencia no uso do ordenador e familiarizaranse cos programas que máis si adecúan á súa idade e intereses.
Esta actividade da Aula CeMIT Guitiriz desenvolverase entre os meses de xullo e agosto, en horario de 10:00h a 11:30h, e está destinada aos cativos e cativas de entre 9 a 12 anos de idade.
A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz sita na Rúa do Concello, s/n, 27300.
Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal