A auxiliar Maessa das Pontes presenta un ERE

TerraChaXa
A dirección da empresa Maessa presentou un expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo para os 43 operarios do centro de traballo.
messa ere as pontes endesa
3 sep 2021

A dirección da empresa Maessa presentou un expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo para os 43 operarios do centro de traballo, situado na central térmica de Endesa das Pontes.

Maessa é a empresa auxiliar que ten o contrato de mantemento integral da central térmica de Endesa e onte tiveron unha reunión para falar do ERE.

O presidente do comité de empresa, Miguel López Roca (CCOO), informou que agora ábrese un período de consultas durante un mes, no que, tal e como sinalou o obxectivo "é manter os postos de traballo".

O sindicalista protestou pola "falta de claridade por parte de Endesa", unha situación que asegura "afecta á súa empresa tendo en conta que a compañía eléctrica non comunica que tipos de traballos recórtanse”.

Reclaman a Endesa que “clarifique a situación e os prazos que manexa". "Non pode estar con prorrogas de contrato dun mes a unha auxiliar que ten case medio centenar de traballadores", afirmou López Roca.

O representante sindical asegurou que na central térmica "segue habendo traballo" polo que "é necesario que se asine un compromiso para o desmantelamento. Pero Endesa non se pronuncia e así non podemos continuar", sentenciou.

0.11209392547607