A axencia inmobiliaria rabadense Galician Country Homes recibe un premio á innovación

TerraChaXa
A revista británica Build concedeu un premio a Galician Country Homes, unha axencia inmobiliaria cuxa oficina está en Rábade e vende aldeas, pazos e outras propiedades.
18 Dec 2018

A revista británica Build concedeu un premio a Galician Country Homes, unha axencia inmobiliaria cuxa oficina está en Rábade e vende aldeas, pazos e outras propiedades. A publicación elixiuna como a mellor empresa inmobiliaria familiar de España nos Real Estate and Property Awards 2018: o certamen que convoca anualmente para descubrir o mellor en innovación técnica, deseño e servizo de todas as industrias de construción e propiedade do mundo.

Cada vez hai máis estranxeiros interesados en comprar propiedades rústicas en Galicia.  A empresa ten á venda neste momento preto de 90 propiedades situadas na provincia de Lugo. Entre os inmobles que se poden mercar destacan unha casa-escola de 100 anos en Ladra, un muíño do século XVIII nos Peares, un torreón medieval na Mariña lucense ou unha casa colonial en Viveiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.086746215820312