A Balsa estará de festas esta fin de semana

TerraChaXa
Están organizadas pola Comunidade de Montes e Man Común da Balsa, que contan coa colaboración do Concello de Muras
festas-a-balsa-muras
30 Sep 2025

A localidade de Balsa, en Muras, celebrará a primeira fin de semana de outubro as súas festas na honra á Virxe do Rosario.

O sábado, haberá misa solemne pola mañá, a partir das 13.30 horas, seguida da tradicional procesión. A sesión vermú estará ao cargo do grupo Máster e, pola noite repetirán este mesmo xunto a Los Satélites.

O domingo 5 a misa abrirá de novo a programación á mesma hora. Non faltará tampouco a procesión e a sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Máster de novo, coa que rematarán as festas.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

As festas están organizadas pola Comunidade de Montes e Man Común da Balsa, que contan coa colaboración do Concello de Muras.

⚙ Configurar cookies
0.10158801078796