A Banda da Loba volve ás Pontes co seu novo espectáculo
A banda da loba a é unha das formacións máis consolidadas do panorama musical galego actual. Volverá visitar ás Pontes o próximo 14 de maio, ás 20.00 horas, no Cine Alovi, co seu novo espectáculo.
Coa poesía e a lingua por bandeira, ofrécennos composicións propias con letras tamén súas ou inspiradas nos poemarios de escritores/as clásicos/as e contemporáneos como Rosalía, Celso Emilio, Celia Parra, Andrea Nunes ou Rosalía Fernández Rial, nas que tratan temas importantes para elas coma a diversidade, o ecoloxismo, a memoria ou o feminismo.
O seu novo disco Xabón Lagarta, está inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros.
O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida.
As entradas xa están á venda anticipada en www.tickentradas.com