A base do Begonte FS aporta cinco xogadores ás preseleccións lucenses

O Begonte FS celebrou as chamadas de varios canteiráns para os adestramentos da preselección lucense. Na categoría infantil masculino foron convocados Alejandro Corredoria Novo e Hugo Camba Roca. En alevín masculino figuran Jairo Couso Geada e Gael Gómez Cabezas, mentres que en alevín feminino a elixida é Alma Codesal López. A relación complétase co benxamín masculino Lucas Vigo Díaz.
Desde a entidade subliñan o bo traballo e felicitan ás familias e ao persoal técnico polo esforzo diario. O club anima os rapaces e rapazas a desfrutar da experiencia e seguir medrando no fútbol sala.