A Biblioteca Agustín Fernández Paz abre a inscrición para o seu club de lectura

TerraChaXa
A primeira reunión está prevista para o mércores 28 de xaneiro, ás 19.30 horas, na propia biblioteca
presentacion-club-de-lectura-vilalba
23 Jan 2026

A Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz recupera este mes de xaneiro o seu Club de Lectura, unha actividade xa consolidada en Vilalba e cunha ampla acollida entre a veciñanza. A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Educación, Paula Vigo, presentaron a nova edición da iniciativa, que supón unha aposta clara por seguir fomentando o hábito lector e a dinamización cultural do municipio.

O club retomará as súas xuntanzas ao longo deste mes e, para participar, para lo que lembra que xa están abertas as inscricións. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través desta ligazón.

A primeira reunión está prevista para o mércores 28 de xaneiro, ás 19.30 horas, na propia biblioteca. Nese encontro farase entrega do primeiro libro e explicaranse os detalles do funcionamento das sesións, que permitirán ás persoas participantes compartir lecturas e reflexións nun espazo de encontro arredor da literatura.

Desde o Concello destacan a importancia desta actividade para manter viva a Biblioteca Municipal como lugar de participación e intercambio cultural, así como o papel fundamental da bibliotecaria, Atenea Ruibal, no desenvolvemento e consolidación do Club de Lectura.

 

⚙ Configurar cookies
0.078549146652222