A Biblioteca Ángel Basanta da Pastoriza convoca o II Concurso Bookface polo Día do Libro

TerraChaXa
Para participar, só é necesario escoller un libro en calquera idioma, facer unha foto integrando dalgunha maneira o corpo na portada e enviala ao correo electrónico
concurso-de-bookface-pastoriza
26 Apr 2025

Con motivo da celebración do Día do Libro, o próximo 23 de abril, a Biblioteca Municipal Ángel Basanta do Concello da Pastoriza pon en marcha a segunda edición do Concurso Bookface, unha actividade que une lectura, creatividade e fotografía.

A proposta consiste en realizar unha fotografía empregando a técnica coñecida como bookface, na que se fai coincidir a cara ou parte do corpo co deseño da portada dun libro, logrando unha imaxe orixinal e impactante.

Para participar, só é necesario escoller un libro en calquera idioma, facer unha foto integrando dalgunha maneira o corpo na portada e enviala ao correo electrónico diadolibroapastoriza@gmail.com. Cada participante poderá enviar unha única fotografía e deberá indicar o seu nome, apelidos e idade.

O prazo para enviar as imaxes está aberto ata o 4 de maio. Esta iniciativa pretende fomentar a lectura e ao mesmo tempo promover a creatividade entre os veciños e veciñas da Pastoriza, convertendo o Día do Libro nunha experiencia diferente e divertida.

⚙ Configurar cookies
0.15383505821228