A Biblioteca Casa Habanera de Guitiriz acollerá a proxección do documental ‘En deuda con todas’
TerraChaXa
Será o vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 18.00 horas
15 Nov 2024
A Biblioteca Municipal de Guitiriz acollerá o vindeiro sábado, 23 de novembro, a proxección do documental ‘En deuda con todas’, co gallo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro.
Trátase dunha peza sobre a loita pola despenalización do aborto no Salvador e o dereito a decidir sobre os nosos corpos. A través desta actividade, os asistentes poderán coñecer distintas realidades e contextos sobre os dereitos sexuais e reproductivos.