A biblioteca das Pontes acolle este xoves o primeiro Encontro de Escritores Galegos
A Biblioteca das Pontes, en colaboración coa Asociación Galega de Escritores, organiza o I Encontro de Escritores Galegos o próximo xoves 19 de decembro de 2024 ás 19:00 horas. O evento terá lugar na Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco e ofrecerá unha oportunidade única para coñecer de preto a destacados autores e autoras, dialogar con eles sobre os seus traballos ou incluso mercar exemplares das súas obras asinadas.
Entre os invitados desta primeira edición están nomes como María Nieto, Eva Luna, Raquel Villanueva e Javier Regueira, todos membros da Asociación Galega de Escritores. Esta iniciativa busca converterse nun espazo de encontro aberto tanto para escritores noveis e independentes como para profesionais, promovendo a literatura en galego, castelán ou ambas as linguas.
Unha cita imprescindible para os amantes da literatura e para todos aqueles que queiran achegarse ao fascinante mundo dos nosos autores e autoras.