A biblioteca de Castro de Rei organiza un concurso de relatos
A biblitoeca Poeta Crecente Vega de Castro de Rei organizou un concurso de relatos con motivo do Día das Letras Galegas.
Co obxetivo de fomentar a escritura creativa e mellorar a aprendizaxe da lingua e o gusto pola lectura, organízase este certame no que se esixe un texto en galego, escrito nun folio por unha cara que tamén pode estar acompañado por un debuxo.
Tanto a temática a tratar como a disciplina (conto, poema, redacción...) escollida é libre. Así mesmo, pode estar acompañado por un debuxo.
Establécense dúas categorías, ata os 8 anos e de 8 a 12 anos. O gañador de cada unha recibirá un premio sorpresa do Concello.
Os interesados en participar teñen de prazo ata o 10 de xuño. O conto debe enviarse a bibliotecacrecentevega@castroderei.gal.