A Biblioteca de Castro de Rei terá cun contacontos e un obradoiro o día 17

TerraChaXa
A Biblioteca de Castro de Rei vai realizar unha actividade de contacontos e un obradoiro a cargo de Dani Viéitez e Iria Iglesias.
Captura de pantalla 2019 09 05 a las 17.41.46
10 sep 2019

A Biblioteca de Castro de Rei vai realizar unha actividade de contacontos e un obradoiro a cargo de Dani Viéitez e Iria Iglesias.

O espectáculo que ofrecerán, baixo o título Igual, será o martes 17 de setembro ás 17.00 horas, e terá a entrada de balde.

Esta actividade pertence ás de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

0.054752111434937