A biblioteca de Castro programa cursos de informática útil
TerraChaXa
A biblioteca de Castro de Rei organiza dende o 15 de xaneiro cursos de formación de informática útil, que se impartirán todos os mércores e venres as 11.
10 Jan 2020
A biblioteca de Castro de Rei organiza dende o 15 de xaneiro cursos de formación de informática útil, que se impartirán todos os mércores e venres as 11.00 horas e ás 18.00 horas.
O ensino será con catro persoas por quenda polo que poderán adaptarse ás necesidades e coñecementos de cada persoa.
Os cursos, que son totalmente de balde, formarán sobre como facer un cartel, pedir permisos municipais ou navegar.
Para asistir aos cursos pode levar cada un o seu móbil intelixente, tablet ou portátil persoal.
Os interesados en participar poden inscribirse no teléfono 982 314 034.