A biblioteca de Guitiriz celebra o Día do Libro cun concurso literario

TerraChaXa
A iniciativa busca, un ano máis, premiar a creatividade da veciñanza a través deste certame que non terá límite de palabras nin de idade
tes-un-conto-dia-do-libro
4 Apr 2025

O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera, conmemorará o Día do Libro coa celebración da V edición do concurso literario Tes un conto... Esta proposta nace da efeméride de que abril é considerado o mes do libro, ao xuntarse o Día do Libro, 23 de abril, co Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemorou o pasado día 2.

Esta iniciativa busca participantes do municipio que envíen calquera tipo de relato en galego creado a partir de distintas palabras aleatorias. O prazo para mandalos remata o 11 de maio. Non hai límite de palabras nin de idade.

As persoas interesadas deberán enviar os seus textos ao correo electrónico biblioteca@concelloguitiriz.com indicando o seu nome completo, idade e un teléfono de contacto. Os relatos tamén se poden entregar de xeito presencial na propia biblioteca ou enviar a través de correo postal ao enderezo B.P.M. Casa Habanera, rúa do Concello, nº42, San Xoán de Lagostelle, 27300, Guitiriz.

⚙ Configurar cookies
0.1631441116333