A biblioteca de Guitiriz organiza unha actividade polo Día das Letras Galegas

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz a través da Biblioteca Municipal Casa Habanera e xunto coa Asociación de maiores de Ponteareas, convoca a actividade A nosa lingua, a nosa identidade para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020, a pesar de que o acto oficial está adiado para o vindeiro 31 de outubro.
CARTEL A NOSA FALA A NOSA IDENTIDADE CON LOGOS
15 Maio 2020

O Concello de Guitiriz a través da Biblioteca Municipal Casa Habanera e xunto coa Asociación de maiores de Ponteareas, convoca a actividade A nosa lingua, a nosa identidade para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020, a pesar de que o acto oficial está adiado para o vindeiro 31 de outubro.

O reto A nosa lingua, a nosa identidade xa comezou e levarase a cabo diariamente a través do Facebook do Concello de Guitiriz. Consiste en adiviñar as obras literarias que se ocultan tras os emoticonos xunto co seu autor. Publicaranse dous retos ao día na páxina oficial do Facebook municipal.

Cada participante que o resolva, poderá realizar un debuxo co que lle inspire o título da obra e envialo por correo electrónico a biblioteca@concellodeguitiriz.com.

0.19027709960938