A Biblioteca de Guitiriz repartirá caldo de gloria no Día de Rosalía

TerraChaXa
A proposta, impulsada pola Fundación Rosalía de Castro, terá lugar o vindeiro 25 de febreiro no Campo da Feira
caldo-de-gloria-rosalia-guitiriz
22 Feb 2026

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Guitiriz sumarase o próximo mércores, 25 de febreiro, á iniciativa Caldo de Gloria, promovida pola Fundación Rosalía de Castro con motivo do aniversario de Rosalía de Castro.

Esta proposta cultural e gastronómica está inspirada no poema Miña casiña, meu lar, no que a autora explica como preparar un caldo humilde, convertendo un prato sinxelo nun símbolo da épica diaria da supervivencia e da dignidade do pobo galego.

Con este motivo, o vindeiro 25 de febreiro, entre as 12:00 e as 13:30 horas, celebrarase unha degustación gratuíta do Caldo de Gloria no Campo da Feira de Guitiriz. O acto contará tamén cun viño doado pola Asociación de Xubilados de Guitiriz.

Ademais, farase entrega dun mantel conmemorativo da iniciativa ata esgotar existencias. A actividade será aberta a toda a veciñanza.

0.068037986755371