A biblioteca de Pino acollerá unha conversa e contacontos este sábado

TerraChaXa
A biblioteca rural de San Martiño de Pino acollerá este sábado 4 de marzo unha conversa e contacontos con Patricia Torrado Queiruga.
conversa patricia torrado pino portada
3 Mar 2023

A biblioteca rural de San Martiño de Pino continúa coa súa programación e este sábado 4 de marzo, a partir das 17.00 horas, acollerá unha conversa e contacontos con Patricia Torrado Queiruga.

Gañadora do primeiro premio do III Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala, Patricia Torrado presentará nesta ocasión, Don carlos e o misterio do lucecús.

A autora falará da súa obra e ofrecerá un contacontos nunha actividade recomendada para adultos e nenos.

conversa patricia torrado pino
0.1445939540863