A biblioteca de Vilalba abre dende o luns para devolver os libros prestados
TerraChaXa
A biblioteca de Vilalba anunciou que o luns abre de novo exclusivamente para a devolución dos libros, con todas as medidas de seguridade e pedindo ás persoas usuarias responsabilidade e prudencia.
31 Maio 2020
A biblioteca de Vilalba anunciou que o luns abre de novo exclusivamente para a devolución dos libros, con todas as medidas de seguridade e pedindo ás persoas usuarias responsabilidade e prudencia.
A Rede renovou todos os préstamos automáticamente até o 11 de xuño, de xeito que os usuarios e usuarias xa poden achegarse de forma gradual e responsable para a devolución.
A continuación, a partir do luns 8 de xuño, abrirase de novo o servizo de préstamo, e durante a semana daranse as instrucións precisas "para actuar con dilixencia e non poñer en risco a ninguén".
Os responsables da biblioteca lembra que ata o de agora, as aulas de estudo permanecerán pechadas.