A biblioteca de Vilalba acolle un contacontos para menores de 4 anos
TerraChaXa
Bichocas está protagonizada por Atenea García e producida por Xarope Tulú
Cartel do evento
18 May 2024
A Biblioteca Municipal de Vilalba presenta unha nova actividade, unha sesión de contos e obxectos para a primeira infancia co título, Bichocas, protagonizada por Atenea García e producida por Xarope Tulú.
Esta sesión será este martes, 21 de maio, nas instalacións da biblioteca a partri das 17:30 horas. O espectáculo está dirixido á primeira infancia onde os obxectos e a palabra fan viaxar ás crianzas a través do mundo animal.
En concreto trátase dunha actividade dedicada a crianzas entre 0 e 4 anos e enmarcada no programa Ler conta moito, á que será preciso inscribirse a través do deste formulario.