A Biblioteca de Vilalba acolle un novo obradoiro familiar da Sementeira de Igualdade

TerraChaXa
Baixo o título 'Amores a moreas', esta proposta está dirixida a familias e crianzas
sementeira-de-igualdade
2 Jun 2025

O mércores 4 de xuño, celebrarase un novo obradoiro familiar no marco da Sementeira de Igualdade. Terá lugar na Biblioteca Municipal, en horario de 17:30 a 19:00 horas, e contará coa participación de Noelia Darriba, da Cooperativa Atalaias.

Baixo o título Amores a moreas, esta proposta está dirixida a familias e crianzas, cun enfoque que invita a reflexionar sobre o amor nas súas múltiples formas, entendido como a maior forza fronte ás violencias machistas.

Como novidade, durante o obradoiro estarán dispoñibles máis de 30 libros novos que se poderán levar en préstamo por primeira vez, enriquecendo así o fondo bibliográfico relacionado coa igualdade, o feminismo e a diversidade.

Desde a organización tamén se lembra que a temática do Reto Lector do mes de xullo será precisamente “feminismo, igualdade e diversidade”, polo que este obradoiro constitúe unha excelente oportunidade para comezar a mergullarse nestas temáticas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través desta ligazón.

⚙ Configurar cookies
0.16147089004517